sábado, 2 de abril de 2011

AS NOSAS CARTAS DE AMOR









Querida nai:


Esta é a miña carta para demostrarche todo o que te quero e así tamén poder agradecerche todo o que fixeches por min estes anos desde que nacín.Desde ese día quixéchesme moito ata este ano que xa son algo maior e comecei no intituto e xa vou polo 2º trimestre e todo grazas ao teu cariño e ao dos meus irmáns , dos meus avós e sobriños que están lonxe.Tamén os quero , pero é grazas a ti que me axudaches a saír adiante e aos meus irmáns e aos meus sobriños e , por iso , che agradezo nesta carta dos enamorados que o pases ben neste día dos namorados.QUÉROTE MOITÍSIMOOOO.

UN ABRAZO E UN BICO .

QUÉROTE .

R.



Bendita mañá! Bendita tarde! Bendita noite!Benditos ollos pretos! Bendito eu ! Bendito ti! Benditod Nós! Bendita ela! Bendita Altura! Bendita firmeza! Bendira paciencia! Bendita beleza!


Catelán , inglés francés, portugués, brasileiro, galego, catalán, a túa mirada!


A Gioconda, O nacemento de Venus, O David, As tres Gracias ,os teus beizos!


Mozart, Beehoven, O son do Stradivarius , Chopin, a túa voz!


A chegada do home á lúa, o descubrimento de América, o primeiro " Ola " que me dixeches!


Paris , Grecia, Italia, Venecia, Londres, Nova York , Barcelona , un atardecer contigo!


A morte, a angustia, o sufrimento , a tristeza, a rabia, a primeira vez que me dixeches " Adeus"!


A Torre Eiffel, O empire State, A Sagrada Familia , o teu nome escrito nun papel!



C.



Oxalá encontre a esa moza que entenda os meus sentimentos de amor, de soidade.

O meu corazón está roto en catro ou tres , pero non conto as veces.

Pero no teño resentimentos.Oxalá encontre a esa moza que me entenda. Mentres non a encontre seguirei buscando.

Que soidade! Que tristura ten o meu corazón!

O Doce rouboume o corazón con tanta xente boa , pero tamén a hai mala.Pero non lle reprocho nada.

Eu son así , triste agora porque o meu corazón xa está roto!


A.


2 comentários: