terça-feira, 26 de abril de 2011

O TEATRO :TRANSMITINDO VALORES







O pasado 14 de abril , a actriz Mónica Camaño visitou o noso IES para impartir unha charla aos alumnos de 2º da ESO .

Mónica Camaño , licenciada en Filoloxía Galega , ten unha dilatada carreira como actriz .Comezou case de nena facendo teatro na súa vila natal , seguiu no teatro universitario coa Aula da USC .No teatro profesional ten traballado co CDG , con teatro de Ningures e con significadas compañías teatrais galegas .Actualmente , xunto a Zé Paredes segue desenvolvendo un importante traballo na dramaturxia de Galicia coa compañía TEATRO NU. Tamén ten feito televisión ,recentemente témola vista na serie Matalobos.

Na charla que impartiu aos alumnos de 2º da ESO, Mónica a través dunha divertida exposición de conceptos básicos do xénero teatral , emisor-receptor-mensaxe - foi levando aos alumnos cara á exposición da súa tese : a necesidade de un receptor atento .Finalmente falou aos alumnos dos diferentes traballos - director, figurinista, técnicos ..- que hai no mundo do teatro, moitas veces pouco ou nada recoñecidos polo público .

Aínda os alumnos de 2º de Bac, puideron repasar a historia do teatro dos últimos anos conxuntamente con ela .Foi un pracer , eu creo que compartido por todos ,poder disfrutar dos seus comentarios e da súa experiencia nesta clase .


LONGA VIDA AO TEATRO!!!




















Sem comentários:

Enviar um comentário