sexta-feira, 2 de dezembro de 2011

Aquí vos deixamos unha magnífica proba do que se pode facer para reivindicar o uso da nosa lingua. Este vídeo foi feito polos alumnado do colexio de Cea coordinados polo Equipo de Dinamización Lingüística

sexta-feira, 25 de novembro de 2011

Día da Ciencia en galego







Magosto 2011

Repartindo castañas no día do magosto

quinta-feira, 30 de junho de 2011

domingo, 5 de junho de 2011

CONFERENCIA : OS NOMES DO MAR

O xoves , 2 de Xuño , os alumnos de 1º BAC do DOCE asistiron á charla :TALASONIMIA: OS NOMES DO MAR.

Foi Xosé Lois Vilar Pedreira , arqueólogo e membro de estudos miñoranos,o encargado de impartila .Xosé Lois vén desenvolvendo dende hai anos un labor importante de recuperación do patrimonio cultural .Cunha paixón e entusiasmo admirabéis acomete este labor dende campos diversoso , dende a arqueoloxía , que constitúe a súa ctividade académia até a etnografía ,a antropoloxía ou historia.Ten publicado o libro Talasonimia da costa sur de Galicia , qué é unha especial contribución ao coñecemento da cultura mariñeira tradicional.


Os alumnos de bacharelato puideron coñecer as motivacións que están detras dalgúns nomes da costa galega :Bombardeira , Corveiro , Cunichán ou ABC; saber o que é unha marca no mundo da pesca ou ver os lugares que frecuentou Leo Caldas na Praia dos afogados.

1991-2011: 20 ANOS NORMALIZANDO


ESTE ANO A COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA CHEGA AOS SEUS 20 ANOS DE EXISTENCIA.PARA CELEBRALO ,HOXE VÉN DE CELEBRARSE UN BONITO ACTO NO MUSEO DO POBO GALEGO
Tina Formoso,César M. Yáñez,Paco Veiga , Xabier Camba, Rubén Rivas Vidal ,Olga Iglesias, Xabier Docampo e Agustín Fernández Paz partillaron as súas experiencias e labor desenvolvido en diversos momentos da historia da Coordinadora .Tamén puidemos visualizar o traballo - inmenso-realizado polos EDNL a través dunhas bonitas presentación que se poden ver na páxina da coordinadora .E todo o acto FOI UNHA MERECIDÍSMA HOMENAXE A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ POLO SEU PAPEL ACTIVO E PRECURSOR NO ÁMBITO DA NORMALIZACIÓN NO ENSINO.AGUSTÍN REGALOUNOS OUTRA VEZ COAS SÚAS PALABRAS E INTEGRIDADE : "Como os indignados somos conscientes de que o noso camiño é longo.Todo o traballo é sementeira".




domingo, 22 de maio de 2011

O IES 12 DE OUTUBRO PARTICIPA NO CORRELINGUA 2011

Os alumnos de 1º de Eso participaron o día 13 no Correlingua .




Este foi o programa :


10:30CHEGADA DOS CENTROS Á PRAZA MAIOR


11:30:PASEO POLO ZONA VELLA DA CIDADE


12:00:ENTREGA DE PREMIOS AOS MELLORES LEMAS , PANCARTAS E ANIMACIÓN.NON NOS DERON NINGÚN.

12:30 : SIGUE A FESTA CO MAGO MARTIN , O CANTALINGUA E O GALEOKE.