domingo, 5 de junho de 2011

CONFERENCIA : OS NOMES DO MAR

O xoves , 2 de Xuño , os alumnos de 1º BAC do DOCE asistiron á charla :TALASONIMIA: OS NOMES DO MAR.

Foi Xosé Lois Vilar Pedreira , arqueólogo e membro de estudos miñoranos,o encargado de impartila .Xosé Lois vén desenvolvendo dende hai anos un labor importante de recuperación do patrimonio cultural .Cunha paixón e entusiasmo admirabéis acomete este labor dende campos diversoso , dende a arqueoloxía , que constitúe a súa ctividade académia até a etnografía ,a antropoloxía ou historia.Ten publicado o libro Talasonimia da costa sur de Galicia , qué é unha especial contribución ao coñecemento da cultura mariñeira tradicional.


Os alumnos de bacharelato puideron coñecer as motivacións que están detras dalgúns nomes da costa galega :Bombardeira , Corveiro , Cunichán ou ABC; saber o que é unha marca no mundo da pesca ou ver os lugares que frecuentou Leo Caldas na Praia dos afogados.

Sem comentários:

Enviar um comentário