quarta-feira, 6 de abril de 2011

POR QUE FALAS GALEGO ? PARA QUE?


POR QUE FALAS GALEGO ?e PARA QUE ? Para que che serve?Pero por que te empeñas en seguir falándo ?Ademais, que galego falas?Ese inventado ou o bruto de aldea?....

O galegofalantes teñen que escoitar amiúdo preguntas deste tipo que non só veñen dos castelanfalantes senón toda unha sociedade comesta polos prexuízos e que levan á discriminación dos galegofalantes e a fecharlle ás portas do idioma ao resto dos cidadáns .Mudar a imaxe negativa que existe sobre a nosa lingua é clave para avanzar na súa normalización.


CON ESTAS PALABRAS PRESENTA A CDNL unha nova campaña para acabar cos prexuízos que están tan presentes na nosa sociedade . A campaña vai acompañado dunha imaxe do debuxante Fran .Desde o enlace podemos acceder a materiais didácticos . O documental Palabras Cruzadas , Vinte mentiras sobre a lingua galega , son entre outros algúns destes materiais.

ESTUPENDA PROPOSTA DEDE A COORDINADORA , COMO SEMPRE .

Sem comentários:

Enviar um comentário