quarta-feira, 9 de março de 2011

CHARLA: " TERRAS DE ACOLÁ" CON LUÍS MENÉNDEZ


O 27 de novembro fixemos dobrete xa que pola tarde os alumnos de portugués asisitiron a unha charla de Luís Menéndez , autor da serie documental Terras de acolá .


Esta serie que a televisión pública galega TVG emitiu no 0utono do 2008 en trece capítulos analizou as relacións galaico-portuguesas nos países de fala lusófona como son ademais do propio Portugal , Brasil , Ángola , Mozambique,Guinea Bissau , Santo Tomé e Príncipe , Cabo Verde de Timor Oriental.


Os trece capítulos de 36 minutos de duración tratan de ser un achegamento desde Galicia aos paísesde fala portuguesa , segundo explicou o director Luis Menéndez , quen destacou o gran traballo de instrospección que realizaron en cada un dos países visitados , nos que se estivo unha media de 15 a 20 días, así como na comunidade galega e estes terrotorios.


Neste sentido incidiu no carácter internacional da lingua galega que permitiu a comunicación en cada unha das zonas visitadas.

Sem comentários:

Enviar um comentário