domingo, 6 de março de 2011

DESMONTANDO PREXUÍZOS E SIMPLIFICACIÓNS SOBRE A LINGUA GALEGA CON MANUEL NÚÑEZ SINGALA


















O 27 de novembro os alumnos do DOCE puideron asistir aunha charla impartida por Manuel Núñez Singala sobre prexuízos e simplificacións sobre a lingua galega.
Manuel Núñez Singala naceu en Lugo e estudou filoloxía galega.Tras traballar no Parlamento e na Xunta de Galicia actualmente dirixe o servizo de Normalización Lingüística da USC.
Nesta conferencia a través de exemplos moi concretos e doados de entender derruba prexuízos e crenzas que seguen tendo moita vixencia na sociedade actual.Unha charla para entendermos que optar por usar a lingua galega non é algo antigo , nin errado , nin rural ,nin , desde logo algo propio de radicais ou intelectuais.

Sem comentários:

Enviar um comentário